Saltar ao contido

Jermaine O'Neal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJermaine O'Neal

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Columbia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaColumbia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura211 cm Editar o valor em Wikidata
Peso113 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor em Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Miami Heat
- Toronto Raptors
- Portland Trail Blazers
2000-2008 Indiana Pacers (Pivote, forward (en) Traducir)
2010-2012 Boston Celtics
2012-2013 Phoenix Suns (Ala-pivote, Pivote)
2013-2014 Golden State Warriors (Pivote, Ala-pivote) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2003Copa América de Basquetebol Masculino de 2003 (pt) Traducir
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002 Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webj7o.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1574363 Twitter: jermaineoneal Editar o valor em Wikidata

Jermaine Lee O'Neal, nado o 13 de outubro de 1978 en Columbia, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que é axente libre. Mide 2,11 m e pode xogar tanto de ala-pivote como de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grazas á súa altura e axilidade pronto comezou a amosar aptitudes para algúns deportes, aínda que finalmente decidiuse polo baloncesto. Ingresou no instituto de Eau Claire da súa cidade natal. En dito centro sobresaíu de tal modo que no ano 1996 (con tan só 17 anos) foi elixido no Draft da NBA polos Portland Trail Blazers.

Jermaine O'Neal posuía a honra de ser o xogador máis novo da historia en disputar un partido, ata que Andrew Bynum chegou á liga sendo aínda máis novo ca el. Tras uns inicios moi decepcionantes, no ano 2000 foi traspasado aos Indiana Pacers. A partir dese cambio naceu o O'Neal que hoxe todos coñecemos. A súa carreira comezou a coller pulo de verdade. Comezou a facer máis de 20 puntos por tempada e sempre ao redor dos 10 rebotes. Foi All Star en 5 ocasións.

Foi sancionado con 25 partidos por un altercado no Palace. Sobre ese acontecemento fíxose un documental estreado en Netflix en 2021, no que O'Neal dá a súa versión.[1]

Un gran tiro de curta e media distancia, unha gran capacidade reboteadora e, sobre todo, unha sobrenatural capacidade defensiva (máis de 2 tapóns por partido) fan del unha das estrelas da NBA e un dos ídolos da liga. Pero tras unha tempada 2007/08 non demasiado boa, os Pacers decidiron traspasalo aos Toronto Raptors xunto con Nathan Jawai a cambio de T.J. Ford, Rasho Nesterovic, Maceo Baston e a elección nº17 do Draft do 2008, Roy Hibbert.

O 13 de febreiro de 2009 foi traspasado a Miami Heat xunto con Jamario Moon por Shawn Marion e Marcus Banks.[2]. Na primeira tempada cos Heat, O'Neal xogou 27 partidos, nos que promediou 13.0 puntos, 5.4 rebotes e 2.0 tapóns. Nos seus primeiros 12 partidos, os Heat conseguiron un récord de 7-5, o que lles fixo asegurar o cuarto posto na Conferencia Leste, e xogar así os playoffs, onde caeron ante Atlanta Hawks en sete partidos. No verán de 2010 asinou un contrato por dous anos cos Boston Celtics. O 20 de abril de 2012, foi cortado polo Celtics.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Watch Untold: Malice at the Palace". web.archive.org ; Netflix Official Site. 2021-11-03. Archived from the original on 03 de novembro de 2021. Consultado o 2023-12-29. 
  2. ""Raptors trade O'Neal, Moon to Heat for Marion, Banks"". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2009. 
  3. Celtics Waive O'Neal, Sign Sean Williams

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]